Select Page

Este proxecto forma parte do programa “O Teu Xacobeo” financiado por:

Marcas institucionais da Xunta de Galicia
Marcas institucionais da Xunta de Galicia

“O Noso Camiño · Our Way” é un proxecto participativo de arte pública e fotografía documental que redescobre a esencia viva do Camiño de Santiago a través das emocións de quen o habita e o percorre. Concibido para buscar máis aló do que mostran as guías oficiais, este espazo de encontro converte prazas e vías públicas en escenarios de creación colectiva.

A iniciativa instalouse en cinco puntos polos que discorren algunha das distintas rutas xacobeas en Galicia: Mesía, Pontecesures, O Pino, Fisterra e Boqueixón. En cada lugar, peregrinos, veciños e visitantes uniron as súas voces encaixando grandes fichas con forma de cuncha de vieira para dar forma a unha escultura viva e orgánica que celebra a memoria e o patrimonio inmaterial do territorio.

Mesía

Pontecesures

O Pino

Fisterra

Boqueixón

En cada unha destas pezas de cores, os participantes plasmaron as súas vivencias respondendo a preguntas sobre aquilo que xamais debería desaparecer, o que non aparece nas guías, o que non atopas noutro lugar, a motivación para seguir camiñando ou o que máis sorprende do camiño.

Testemuño 1
Testemuño 2
Testemuño 3
Testemuño 4
Testemuño 5

Este valioso arquivo de testemuños e impresións reais é o corazón do proxecto e inspirará ao recoñecido fotógrafo Adolfo Enríquez para dar vida a un libro fotográfico único e a un arquivo de imaxes de libre acceso. Unha obra colaborativa que transcende o visual para converterse nun tributo á identidade, á hospitalidade e a unha maneira propia de sentir e camiñar polo mundo.